Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

20-03-2017

O Programa Integrado de emprego dos concellos de Vimianzo e Camariñas conseguiulles traballo a 17 persoas nos seis primeiros meses

O PIE VIR FLUVIUS é un programa integrado de emprego levado a cabo polos concellos de Vimianzo e Camariñas e que proporciona aos seus participantes accións combinadas de información, orientación e formación para a inserción laboral. Dito
programa, que se iniciou en setembro de 2016 e que rematará en agosto deste ano, está subvencionado pola Consellería de Emprego, Economía e Industria e o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
Trabállase cun total de 60 persoas desempregadas dos territorios de Vimianzo e Camariñas e establécese como obxectivo principal a inserción laboral de polo menos o 35% (21 persoas). Desde o mes de setembro lévanse inseridas laboralmente 17 persoas, esperando acadar os obxectivos previstos ao remate do PIE.
As accións do PIE oriéntanse, con carácter xeral, á mellora de habilidades sociais, á integración sociolaboral, á mellora da empregabilidade, e ao fomento do emprendemento das persoas en situación de desemprego participantes. Para isto, lévanse a cabo entrevistas persoais, charlas informativas, accións de formación, divulgación de ofertas de emprego, tramitacións diversas ante distintos organismos, intermediación laboral, entre outras actividades.
Na área de formación, fíxose un esforzo por adaptar os itinerarios aos perfís dos participantes do proxecto. Ata este momento, a accións rematadas son as seguintes:
Curso para a obtención do certificado de manipulador de alimentos.
Curso para a prevención de riscos laborais.
Curso de creación de empresas.
Curso de auxiliar de explotacións gandeiras (con prácticas en explotacións da zona).

Nestes días, estanse facendo cursos de informática nivel básico/medio. Ademais, están previstas en próximas datas o comezo da formación para a obtención do carné de conducir tipo B e un curso de atención sociosanitaria en domicilios. Este último dará comezo no mes de abril e terá unha duración de 3 meses (300 horas), e, a parte dos participantes do programa de emprego, poderán apuntarse outras persoas interesadas nesta acción formativa, sempre e cando estean inscritas no servizo de emprego e empadroadas nos concellos de Vimianzo ou Camariñas, ata cubrir as 20 prazas dispoñibles (por orde de inscrición). As persoas que desexen inscribirse poden contactar co Departamento de promoción económica do concello de Vimianzo ou coa
Axencia de desenvolvemento local de Camariñas, antes do 31 de marzo. Están previstas tamén outras accións formativas, coma obradoiros para a busca de emprego e un curso de cociña, aínda sen datas confirmadas.
Ademais da formación, estanse facendo tamén outras accións de cara a mellora da empregabilidade dos uusarios do PIE, tales como solicitude dos certificados de profesionalidade, matriculación nas probas para a obtención de competencias clave e de
obtención do Celga.
Por outra parte, os responsables do Vir Fluvius realizarán este martes día 21 un obradoiro no IES Terra de Soneira, no cal, a parte de presentar o proxecto, traballaranse as habilidades básicas para a busca de emprego cos mozos e mozas que están a piques de comezar a formación en centros de traballo, dentro da formación profesional de grao
medio e superior.
Para máis información, poden contactar cos técnicos Daniel Gómez e Marcos A. Muíños no teléfono 981 716 001, extensión 1223.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X