Concello de Vimianzo
18 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

12-12-2011

O auditorio da Casa da Cultura acollerá o mércores o II Foro da Costa da Morte

II Foro da Costa da Morte

O II Foro da Costa da Morte: un mar de oportunidades, organizado polo Grupo Correo Gallego, desenvolverase ao longo da mañá do mércores no auditorio da Casa da Cultura. Tres mesas redondas para debater sobre o presente e o futuro da Costa da Morte: na primeira delas falarase sobre o "Turismo na Costa da Morte: Presente e futuro", para iso contarase coa presenza de Manuel Varela Rey, Zaira Rodríguez, José Manuel Pan e José Ángel Pérez, moderados por Ricardo García Mira; na segunda das mesas abordaranse as perspectivas do sector pesqueiro na Costa da Morte, coas intervencións de Juan Carlos Maneiro, Andrés Cerdeiras e Ignacio Castro, moderados por Emilio Louro; e para pechar a sesión debaterase sobre as liñas de apoio ás empresas, coa participación de Roberto Vieites, Guillerme González, Manuel Muíño e José Ramón Esperante, moderados por José Gabín. 
A inauguración da xornada será ás 10 da mañá a cargo da Delegada Territorial da Xunta de Galicia, Belén do Campo, e os encargados de clausurar o Foro serán Perfecto Vázquez, deputado provincial, e Manuel Antelo.    

Descargas

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X