Concello de Vimianzo
20 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Convocatorias

05-08-2016

TARXETA ACREDITATIVA DO GRAO DE DISCAPACIDADE

Tarxeta acreditativa do grao de discapacidade

Normativa

Orde do 20 de xullo de 2016 pola que se crea a tarxeta acreditativa do grao de discapacidade e se regula o procedemento para a súa obtención. (DOG nº 147 do 4/08/2016)

Finalidade da tarxeta

Facilitar a acreditación da condición de persoa con discapacidade do seu titular e o acceso a determinados servizos que poidan mellorar a súa calidade de vida.

Titulares

Persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao trinta e tres por cento.

Condicións de uso da tarxeta e efectos

A tarxeta acreditativa de grao de discapacidade é un documento persoal e intransferible que acredita o recoñecemento do grao de discapacidade recoñecido ao seu titular e serve de documento substitutivo, para todos os efectos, da resolución pola que se recoñece o devandito grao, e que ten validez en todo o territorio do Estado. Non obstante, a tarxeta poderá ser utilizada pola persoa que teña a representación ou o gardador/a de feito da persoa con discapacidade co obxecto de facilitar a acreditación do recoñecemento do grao de discapacidade da persoa titular para o acceso ás vantaxes e beneficios vinculados a esa condición.

A súa presentación debe ir acompañada do DNI, NIE ou pasaporte, no suposto en que así o requira o organismo/entidade competente. As persoas titulares menores de 14 anos, poderán acreditar a súa identidade mediante certificación literal de nacemento expedida polo rexistro civil correspondente.

Procedemento de expedición

  • Expedirase de oficio para aquelas persoas cuxa resolución de recoñecemento ou de revisión do grao de discapacidade teña lugar a partir do 5 de agosto de 2016.
  • Expedirase por petición expresa das persoas interesadas ou por quen teña a súa representación, nos seguintes supostos:
    1. As que teñan recoñecido un grao de discapacidade, xa sexa de carácter definitivo ou provisional, igual ou superior ao 33% á data de entrada en vigor da orde (5/08/2016). No caso de ter en curso unha solicitude de revisión do grao de discapacidade, a tarxeta acreditativa expedirase de oficio.
    2. Nos casos de perda ou substracción.

Documentación

  • Solicitude para persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade á data de 5/08/2016.(Nova tarxeta). Dirixirase ao órgano de dirección con competencias en materia de discapacidade da Consellería de Política Social
  • Solicitude para o caso de perda ou subtracción.  Dirixirase ao/á xefe/a territorial da Consellería de Política Social competente en función do lugar de residencia da persoa solicitante.
  • Fotocopia compulsada do DNI da persoa solicitante e, se for o caso, da persoa representante legal ou gardadora de feito, no caso de non autorizar o órgano competente para a tramitación da solicitude, para a consulta dos datos de identidade no SVDI.
  • Certificado de empadroamento do padrón municipal de habitantes do concello de residencia da persoa solicitante no caso de non autorizar a consulta dos datos de residencia da persoa solicitante no Sistema de verificación de datos de residencia.
  • O anexo IV debidamente completado, no caso de que a persoa solicitante desexe actuar por medio de representante.
  • Fotocopia compulsada do recoñecemento do grao de discapacidade expedido pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia no caso de non autorizar o órgano competente para a tramitación da solicitude para a consulta dos datos de discapacidade, conforme o anexo correspondente.
  • Nos casos de perda ou substracción da tarxeta, ademais copia da denuncia presentada ante a autoridade competente.

Lugar de presentación

  • Poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
  • Opcionalmente tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel, no rexistro do concello a que correspondan os servizos sociais comunitarios do domicilio da persoa solicitante, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Prazo

Aberto todo o ano

Modificación de grao de discapacidade

Cando se modifique o grao de discapacidade recoñecido á persoa titular dunha tarxeta como consecuencia de resolución administrativa ou xudicial, aplicaranse os seguintes criterios:

  1. No caso de que o grao de discapacidade recoñecido fose modificado por unha nova resolución administrativa ou xudicial cun grao de discapacidade superior ou inferior ao orixinario, emitirase de oficio unha nova tarxeta acreditativa a favor da persoa afectada pola modificación do grao e a persoa interesada procederá á devolución da antiga tarxeta á xefatura territorial correspondente.
  2. No caso de que o grao de discapacidade recoñecido inicialmente fose igual ou superior ao 33 % e como resultado da resolución administrativa ou xudicial que o modifica pase a ser inferior ao 33 %, a persoa afectada pola modificación do grao estará obrigada á devolución da antiga tarxeta á xefatura territorial correspondente no prazo dun mes desde a notificación.

PARA MÁIS INFORMACIÓN PODEN ACUDIR A ÁREA DE SERVIZOS SOCIAIS.

Descargas

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico Páxina web das familias galegas Quérote
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X