Concello de Vimianzo
16 de outubro de 2026
O corazón da Terra de Soneira

Formación

ver todos

Convocatorias

Emprego

Público

Nestes momentos non hai ofertas públicas

Privado

ver todos

Novas

25-09-2026

O Concello de Vimianzo reforza a súa aposta pola compostaxe doméstica coa entrega de 50 composteiros á veciñanza

O Concello de Vimianzo pon en marcha unha nova campaña de fomento da compostaxe doméstica coa que entregará 50 composteiros de balde a vivendas unifamiliares do municipio. Trátase dunha iniciativa dirixida a incrementar a eficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

Quen pode solicitalo

Pode acceder a este composteiro toda persoa que resida nunha vivenda illada que conte cunha parcela ou horta dun mínimo de 25 m². A veciñanza interesada pode realizar a solicitude de dúas formas:

  • A través da solicitude online, dispoñible escaneando o código QR incluído na cartelería informativa da campaña

  • Chamando ao teléfono do Concello: 981 716 001

Características do composteiro

Cada composteiro ten unha capacidade de 400 litros e debe instalarse no exterior da vivenda, tendo en conta unhas recomendacións básicas para o seu correcto funcionamento:

  • Situalo nunha zona sombreada, protexida das inclemencias meteorolóxicas

  • Preferiblemente, baixo unha árbore de folla caduca

  • En contacto directo coa terra, para facilitar a entrada dos microorganismos descompoñedores

Recuperar unha tradición do rural galego

Coa posta en marcha desta nova campaña, o Concello de Vimianzo busca poñer en valor as vantaxes ambientais, económicas e sociais da compostaxe doméstica.

Ademais, estas accións supoñen unha oportunidade para recuperar unha tradición xa asentada no rural galego —a segregación dos restos orgánicos para alimento do gando e/ou elaboración de compost—, actualizándoa mediante un sistema máis óptimo, hixiénico, cómodo e eficiente.

Deste xeito, o Concello reafirma o seu compromiso coa xestión sustentable dos residuos e coa mellora ambiental do municipio, ofrecendo á veciñanza unha ferramenta sinxela e gratuíta para reducir a xeración de residuos orgánicos dende os propios fogares.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2026 +
- outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
26
27
28
29
30
31
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X