Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Os arqueiros Sub15 Yago Rellán e Nico Miñones, do club Dousxsetenta Tiro con Arco, participaron no proceso clasificatorio organizado pola Federación Galega de Tiro con Arco co obxectivo de conformar o grupo que competirá no Campionato de España de Seleccións Autonómicas, que terá lugar os días 21 e 22 de xuño en Madrid.
A selección final tivo en conta tanto as puntuacións acadadas no clasificatorio celebrado o pasado domingo como os resultados acumulados nas catro xornadas da Liga Galega de aire libre. Durante a xornada, nove deportistas de todo Galicia compartiron unha sesión na que primou o bo ambiente e o compañeirismo.
Finalmente, o arqueiro Yago Rellán foi seleccionado para formar parte do equipo galego, mentres que Nico Miñones quedou como primeiro reserva masculino, tras realizar un gran papel no proceso.
Desde o Concello de Vimianzo trasladaron as súas felicitacións a todos os seleccionados e, de maneira moi especial, a Yago e Nico, que están a demostrar un altísimo nivel ao longo de toda a tempada.