Concello de Vimianzo
15 de xuño de 2025
O corazón da Terra de Soneira

Novas

09-06-2025

O Concello conclúe as obras de mellora no viario entre Treos e Carnio

O Concello de Vimianzo deu por concluídas, recentemente, as obras de mellora do viario que conecta Treos con Carnio, financiadas con cargo ao POS+2024 da Deputación da Coruña.

Os traballos consistiron na pavimentación en aglomerado en quente de dous treitos, un de 175 metros de lonxitude por  7 metros de ancho e outro de 700 metros cadrados, téndose reparado, de maneira previa, os baches existentes.

Ademais, acometeuse a apertura de gabias e a limpeza de salvagabias co obxectivo de garantir un drenaxe lonxitudinal e transversal axeitado, fundamental para preservar a durabilidade da vía e mellorar  a seguridade da circulación.

A intervención completouse coa sinalización horizontal mediante o pintado de liñas de bordo e dos símbolos viarios, así como coa colocación de sinais verticais, reforzando a seguridade da estrada.

O concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, salientou a importancia de continuar “mellorando a seguridade viaria no noso rural, apostando por infraestruturas que dean resposta ás necesidades da nosa veciñanza, facilitando os seus desprazamentos de maneira segura”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2025 +
- xuño +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X