Concello de Vimianzo
15 de xuño de 2025
O corazón da Terra de Soneira

Novas

07-06-2025

Máis de 100 mulleres do rural galego tecen rede e futuro desde Vimianzo

Coa intervención da artista local Tanea Caamaño arrincou, esta mañá, o I Foro de Liderado Feminino no Rural da Costa da Morte ‘Alza Voz de Muller’, que reúne a 120 mulleres de diferentes puntos da nosa comunidade co propósito de facer redes e compartir un espazo no que expoñer experiencias propias así como analizar os retos aos que se enfrontan as mulleres nos diferentes ámbitos.

As catro alcaldesas da Costa da Morte; Mónica Rodríguez, Margarita Lamela, Sandra Ínsua e Áurea Domínguez; xunto con María Barral, alcaldesa de Betanzos e vicepresidenta executiva da FEGAMP; e Rocío López, concelleira de Igualdade en A Laracha; foron as encargadas de abrir a xornada nunha mesa redonda na que analizaron os retos e os desafíos cos que se atopan no seu día a día pola condición de ser muller.

Todas coincidiron na importancia que teñen os valores que lles transmitiron e a unión con outras mulleres poñendo enriba da mesa a necesidade de crear máis encontros entre políticas co fin de poder compartir experiencias.

A xornada continuou co relatorio de Yolanda Domínguez, que centrou a súa intervención en expoñer aqueles tabús aos que se enfrontan as mulleres, como, por exemplo, a relación co diñeiro. Baixo o título ‘As mulleres facturan’ abordou cuestións como a autonomía económica, a cultura do diñeiro e a importancia de romper coa idea de que o diñeiro non é cousa de mulleres

A nota de humor da mañá chegou da man de Teté Teatro, que a través dun sketch reivindicaron as realidades cotiás as que fan fronte moitas mulleres. O grupo local serviu de antesala para a intervención de Laura Sagnier, activista pro-equidade que acuñou o termo ‘lousa de formigón’. Precisamente, durante o seu relatorio centrouse nese gran peso que teñen que soster moitas mulleres.

Pola tarde

O foro Alza Voz de Muller, organizado polo Concello de Vimianzo en colaboración coa Deputación da Coruña, ofrece tamén espazos no que as participantes poden conectar e facer redes entre elas. A pausa para o almorzo e networking é un dos exemplos.

A xornada continúa, pola tarde, con outras dúas mesas de diálogo e un relatorio da man da psicóloga, mentora de negocio e escritora María Fornet. Será ás 16:30 horas. Antes teremos unha mesa redonda, ás 15:30 horas, na que se analizarán os mitos, crenzas e mandatos de xénero no ámbito laboral e no emprendemento. Nela partiparán Obdulia Taboadela, profesora titular da UDC e experta en mercado de traballo e estudos de xénero; María Fornet e Yolanda Domínguez.

Tras o relatorio de María Fornet, este I Foro concluirá cunha mesa de diálogo final na que baixo o título ‘Redes, alianzas e poder colectivo’ afondarase sobre a importancia de tecer redes entre mulleres profesionais e emprendedoras para transformar realidades. Gema Domínguez, xestora de comunicación de Coca-Cola Europacific Partners; Tamara Conesa, orientadora laboral e representante da Fundación Mulleres; Isolina Raña, presidenta da Asociacion de Empresarias Rurais; e Manuela Gómez, representante de Executivas de Galicia, serán as protagonistas.

A artista Rocío Caamaño será a encargada de pechar este I Foro “Alza Voz de Muller”. 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2025 +
- xuño +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X