Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Un ano máis, Vimianzo estivo presente en FESTUR promocionando o seu patrimonio, cultura e gastronomía. A través dun stand propio, as persoas visitantes puideron achegarse á riqueza histórica e cultural do municipio.
Ademais, o vimiancés Fabián Mouzo, que desde hai uns meses comanda O Camiño Fala, foi o encargado de realizar un showcooking no que puxo en valor as dúas celebracións recoñecidas como Festa de Interese Turístico: a Faguía de Carnés e o Asalto ao Castelo.
Durante a demostración culinaria, Mouzo elaborou dous pratos que encarnan o espírito destas festividades. Por unha banda, preparou os tradicionais callos da Faguía e, pola outra, sorprendeu ao público cun pincho irmandiño, cuxa característica principal é que só poden empregarse os ingredientes dispoñibles en Galicia na época da Revolta Irmandiña.
Nesta ocasión, a súa proposta incluíu fabas verdinas de Coristanco guisadas con caldo de carabineiros - responsables do seu sabor a mar e da intensa cor vermella - acompañadas dunha vieira á prancha e rematadas cun toque de po de aceituna deshidratada.