Concello de Vimianzo
15 de xuño de 2025
O corazón da Terra de Soneira

Novas

05-06-2025

Máis de 120 mulleres reúnense no foro Alza Voz de Muller que se celebra este 6 e 7 de xuño en Vimianzo

A Casa da Cultura de Vimianzo acolle mañá, venres 6 de xuño, e o sábado, día 7, o I Foro de Liderado Feminino no Rural da Costa da Morte ‘Alza Voz de Muller’, un evento promovido polo Concello de Vimianzo e a Deputación da Coruña que ten como finalidade crear un punto de encontro no que reflexionar, aprender e impulsar novas formas de liderar e desenvolver as traxectorias profesionais das mulleres.

O encontro, ao que está previsto que asistan máis de 120 mulleres, comeza mañá ás 16:00 horas cun acto inaugural ao que asistirán a alcaldesa, Mónica Rodríguez; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras; a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; as deputadas provinciais Rosa Ana García e Avia Veira; a directora xeral da Promoción da Igualdade da Xunta de Galicia, María Quintiana Pérez; e a xerente de SEA, Beatriz Sestayo.

O foro continuará cunha dinámica na que se analizará por que se necesitan eventos coma estes e logo haberá dúas mesas de diálogo. A primeira delas será ás 17:30 horas na que baixo o título “Liderado feminino innovador” abordaranse os novos tipos de liderado: empáticos, colaborativos e con perspectiva de xénero. Nesta mesa intervirán Carmen Lence, presidenta do Grupo Lence; María Couto, CEO de XEAL (Xallas Electricididade e Aleacións); e Carlota Corzo, cofundadora e previa CEO de Lazzaro.

 

Na segunda mesa de mañá, falarase sobre as barreiras, os retos e as oportunidades para as mulleres que emprenden no rural. Nela daranse a coñecer as experiencias propias e reais de Rosa Arcos, secretaria xeral e directora de proxectos de Fademur; Paula Pose, xerente de Agrosoneira; Mar Barreiro, xerente de Reneymar; e Inés Silva, fundadora de ISlow Coliving.

A primeira xornada do Foro ‘Alza Voz de Muller’ rematará cun cóctel no Castelo de Vimianzo onde se aproveitará para que as asistentes teñan o seu propio momento de conexión. Alí haberá unha breve actuación musical da man de Irma Macías e Luis Pinto.

O encontro continuará o sábado, día 7, durante todo o día, con máis mesas redondas, relatorios, espazos para o encontro entre as asistentes e a feira de emprendedoras, na que aínda poden inscribirse todas aquelas mulleres interesadas enviando un correo electrónico a alzavozdemuller.com. Este foro é un espazo único e pioneiro no que teremos oportunidade de darlle visibilidade ao poder das mulleres para a transformación social, económica, política e cultural.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2025 +
- xuño +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X