Concello de Vimianzo
19 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

07-05-2024

O Concello asina un convenio coa Asociación Airiños do Río Grande para o fomento e promoción da danza tradicional

O Concello vén de asinar un novo de convenio de colaboración para o fomento e promoción da danza tradicional, nesta ocasión coa Asociación Airiños do Río Grande.

A finalidade é apoiar á entidade na organización de actividades formativas e lúdicas durante o ano 2024 que teñan como meta a promoción desta disciplina.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, subliñou que “é importante apoiar ás asociacións que levan por bandeira a promoción da cultura galega, neste caso un elemento tan representativo e especial como a danza tradicional".

Incidiu na importancia "de facer chegar as nosas raíces á veciñanza, para o que é importante apoiar a entidades que, como esta, contribúen á súa difusión a través de actos ao longo de todo o ano".

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X