Concello de Vimianzo
19 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

07-05-2024

As escolas culturais de Vimianzo despídense do curso 2023-2024 por todo o alto

As escolas culturais de Vimianzo despídense do presente curso 2023-2024 por todo o alto, con actuacións abertas á veciñanza no auditorio da Casa da Cultura.

A primeira será este sábado 11 de maio, ás 19:00 horas. Trátase dun festival da Escola municipal de música contemporánea. A semana seguinte, o sábado 18, o espectáculo corre a cargo da Escola de música tradicional, á mesma hora.

O venres, día 31, ás 20:00 horas, inaugurarase a exposición das escolas de arte e panillo, que se poderá ver na sala de exposicións Antón Mouzo. Para asistir a esta actividade non se require de entrada previa.

A Escola municipal de teatro será a encargada de darlle a benvida a xuño coa representación da obra ‘Segredos de Familia’. O espectáculo terá lugar o día 1 deste mes ás 20:30 horas e, por último, o día seguinte ás 18:30 horas, haberá unha mostra de teatro infantil e xuvenil.

Entradas anticipadas

As persoas interesadas en asistir a estas actividades, que serán completamente de balde, deberán sacar a súa entrada de maneira anticipada. Pódeno facer de maneira presencial no despacho de billetes da Casa da Cultura, de luns a venres de 9:30 a 13:00 a 16:00 a 20:00 horas, ou unha hora antes de cada unha das actividades neste mesmo espazo. Tamén se poderán conseguir de forma online a través da plataforma Woutick.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X