Concello de Vimianzo
19 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

06-05-2024

Vimianzo tinguirase de verde o vindeiro 25 de maio para camiñar contra o cancro

Vimianzo  tinguirase de verde para seguir camiñando na loita contra o cancro. A andaina solidaria, organizada pola Asociación Española contra o Cancro en Vimianzo en colaboración co Concello, terá lugar o sábado 25 de maio de 2024.

A saída será ás 16:30 horas da praza de Cereixo e terá un percorrido de 7 quilómetros completamente accesible a todo o mundo. Ademais, incluirá diferentes visitas guiadas en puntos singulares do municipio, como o carballo e a Igrexa de Cereixo, o castiñeiro do Cura, Rosalía de Castro, a Fagía, o mural de San Cristovo, o muíño das Mareas e o paseo fluvial.

As persoas que queiran participar xa poden inscribirse nos lugares habilitados nas diferentes parroquias do municipio ou de maneira online a través da ligazón.

A contribución por persoa será de 5 € e de 3 € no caso das crianzas de ata 12 anos de idade. Ademais, para as persoas que non poidan asistir pero queiran colaborar habilitarase un dorsal solidario na web da entidade.

O remate da camiñada estará amenizado por unha gran actuación musical.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, destacou que se trata “dunha iniciativa coa que sempre é un pracer colaborar. Para nós é importante poñer o noso grao de area na loita contra esta enfermidade” e animou “a  todo o mundo a sumarse á causa e formar parte desta gran marea verde que percorrerá as rúas do noso municipio”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X