Concello de Vimianzo
5 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

12-07-2023

Conformado o novo equipo de goberno de Vimianzo para este mandato con 10 concellarías


O salón de plenos do Concello de Vimianzo acolleu na mañá de hoxe unha sesión extraordinaria con motivo da conformación do novo equipo de goberno para os próximos catro anos de mandato. En total establécense nove concellarías, ademais da Alcaldía. Durante o pleno aprobáronse tres dedicacións: dúas exclusivas e unha parcial.

Deste xeito, o novo goberno queda configurado da seguinte forma e con estas áreas asignadas:

  • Mónica Rodríguez. Alcaldía, Presidencia a área de Persoal e Facenda.
  • Víctor Muíño, 1º tenente de alcaldesa. Concellaría de Medio Rural, Medio Ambiente, Servizo de augas e Parque Empresarial. 
  • María José Pose, 2ª tenenta de alcaldesa. Concellaría de Benestar social, Sanidade, Igualdade e Atención Cidadá.
  • Miguel Ángel Pérez, 3º tenente de alcaldesa. Concellaría de Obras, Urbanismo, Servizo de Iluminación e Parque Móbil.
  • Rosa Blanco, 4ª tenenta de alcaldesa. Concellaría de Cultura, Patrimonio e Biblioteca.
  • Mario Andújar. Concellaría de Ensino, Formación, Emprego, Edificios Municipais e Policía Local.
  • Sergio Miñones. Concellaría de Deportes, Mocidade e Festexos.
  • Manuel Pose. Concellaría de Ornato Municipal, Protección Civil e Hostelería.
  • Beatriz Pazos. Concellaría de Promoción Económica, Turismo, Comercio e Asociacionismo.
  • Josefa Campos. Concellaría de Terceira Idade, Familia, Mercados e Consumo.


No pleno aprobouse a designación de tres dedicacións exclusivas: unha para a rexedora, Mónica Rodríguez; e outra para María José Pose, edil de Benestar social, Sanidade, Igualdade e Atención Cidadá. O concelleiro de Obras, Urbanismo, Servizo de Iluminación e Parque Móbil terá unha dedicación parcial (75%).

Doutra banda, fixáronse as periodicidades das sesións do Pleno que se celebrarán con carácter bimestral o último mércores  de cada mes impar do ano, as 09:00 horas, no Salón de Plenos.

 

VOTACIÓNS

No pleno, o reparto de dedicacións contou cos votos a favor do PSOE, o BNG votou en contra e o PP abstívose. A periodicidade das sesións plenarias foi apoiada polo PSOE, mentres que BNG e PP votaron en contra.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X