Concello de Vimianzo
18 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

27-06-2023

O Concello e a Subdelegación do Goberno coordinan o plan de seguridade para o Asalto ao Castelo e a Faguía de Carnés


O Concello de Vimianzo celebrou na mañá de hoxe unha Xunta Local de Seguridade, de carácter extraordinario, co obxectivo de ter un plan de prevención e actuación durante as festas do Asalto ao Castelo e a Faguía de Carnés.

A xuntanza estivo presidida pola alcaldesa, Mónica Rodríguez e a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; ademais de varios membros dos corpos de seguridade.


Durante a sesión, celebrada na Sala de Xuntas do Concello, coordinouse o dispositivo de seguridade que se desenvolverá durante dúas das festas con maior afluencia de público no municipio como son o Asalto ao Castelo, declarada de Interese Turístico de Galicia e que do 30 de xuño ao 1 de xullo celebrará a súa XXVI edición, e a Faguía de Carnés, cuxo día grande será o 9 de xullo coa tradicional degustación de callos.


A rexedora vimiancesa agradeceu a colaboración e implicación da Subdelegación do Goberno e tamén das forzas de seguridade porque “o importante destas festas é desfrutar entre familiares e amigos, por iso debemos contar cun plan rápido e eficaz en caso dalgún tipo de emerxencia para manter a seguridade de todas as persoas asistentes”.


O dispositivo para garantir a seguridade nas celebracións estará reforzado con efectivos de Seguridade Cidadá da Comandancia da Garda Civil da Coruña.               Tamén se contará coa presenza de patrullas da Garda Civil de Tráfico de Corcubión e se dará apoio á Policía Local con axentes doutros concellos.  Por outra banda, Protección Civil dispoñerá de 15 efectivos.


Ademais, desde o Concello informamos de que se instalará un punto violeta de atención e información en temas de igualdade e diversidade durante ambas as celebracións.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X