Concello de Vimianzo
20 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Convocatorias

12-09-2019

Axudas ao alugamento de vivendas do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 da Xunta de Galicia

11.10.19| Axudas ao alugamento de vivendas do Plan estatal de Vivenda 2018-2021

11.10.19| Axudas ao alugamento de vivendas do Plan estatal de Vivenda 2018-2021

Normativa

Orde do 2 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, con carácter plurianual (DOG nº 172 do 11/9/2019) VI432A e VI432B

Obxecto

Concesión (VI432A) e a renovación (VI432B) das seguintes axudas ao alugamento de vivendas, de conformidade co Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021:

  • Liña A, axuda ao alugamento de vivenda: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas. 
  • Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente: a súa finalidade é facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugamento, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas inquilinas.

Persoas beneficiarias e requisitos

1. Liña A, axuda ao alugamento de vivenda:  persoas físicas maiores de idade que na data da presentación da solicitude cumpran os seguintes requisitos:

  1. Ter a nacionalidade española ou residir legalmente en España, no caso das persoas estranxeiras.
  2. Ser titulares, en condición de persoa inquilina, dun contrato de alugamento de vivenda cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos, e cuxos efectos económicos sexan anteriores ao último día do prazo de presentación de solicitudes.
  3. Que a vivenda arrendada constitúa a súa residencia habitual e permanente, así como da súa unidade de convivencia durante todo o período polo cal se conceda a axuda. Deben constar todos empadroados na dita vivenda na data da presentación da solicitude.
  4. Que a renda mensual da vivenda alugada non supere os importes establecidos no artigo 10.
  5. Que os ingresos das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a 2 veces o IPREM.. Este límite será de 4 veces o IPREM., se a unidade de convivencia é unha familia numerosa de categoría xeral ou ten persoas cunha discapacidade distinta das sinaladas a continuación. O límite será de cinco 5 veces o IPREM. cando a unidade de convivencia sexa unha familia numerosa de categoría especial ou teña persoas con algún dos seguintes tipos de discapacidade:
    • Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
    • Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.
  6. Que os ingresos mínimos da unidade de convivencia non sexan inferiores a 0,7 veces o IPREM.. Para o cómputo destes ingresos non serán de aplicación os coeficientes multiplicadores previstos no artigo 12.4.

2. Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente:
as persoas físicas maiores de idade que non teñan cumpridos os 35 anos na data de presentación da solicitude e cumpran o resto de requisitos sinalados no punto 1.

3. Non poderá concederse a axuda cando a persoa solicitante ou algunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia se atope nalgunha das situacións que a continuación se indican:

  1. Ser propietario ou usufrutuario dalgunha vivenda en España. Non se considerará así se o dereito recae unicamente sobre unha parte alícuota desta e foi obtido por herdanza ou transmisión mortis causa sen testamento. Exceptuaranse deste requisito as persoas que, sendo titulares dunha vivenda, acrediten a non dispoñibilidade dela por causa de separación, divorcio ou por calquera outra causa allea á súa vontade ou cando a vivenda resulte inaccesible por razón de discapacidade da persoa solicitante ou dalgún membro da súa unidade de convivencia.
  2. Ter parentesco en primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade coa persoa arrendadora da vivenda.
  3. Ser socia ou partícipe da persoa física ou xurídica que actúe como arrendadora.
  4. Ser inquilina dunha vivenda xestionada polo IGVS ou por calquera Administración pública.
  5. Ter sido beneficiaria das axudas de calquera das dúas liñas deste programa ao abeiro de convocatorias anteriores realizadas con financiamento do Plan 2018-2021. Exceptúanse deste suposto as persoas que xa non forman parte da unidade de convivencia da persoa beneficiaria da axuda.
  6. Non atoparse ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
  7. Estar incurso nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións, e/ou no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como ser obxecto dunha resolución de revogación ou reintegro dunha axuda deste plan de vivenda ou doutro anterior, por causa imputable a algunha das persoas integrantes da unidade de convivencia.

Participación nas liñas de axuda

A persoa interesada deberá optar por unha das dúas liñas de axuda previstas. De seleccionar as dúas, tramitarase pola liña A. De non seleccionar ningunha das dúas liñas, a solicitude non será admitida, ao ser un campo obrigatorio.

Só se admitirá unha única solicitude por cada unidade de convivencia. De presentar máis dunha solicitude, só se tramitará a primeira das presentadas, inadmitíndose o resto.

No caso de contratos de alugamento asinados por máis dunha persoa da unidade de convivencia, só se poderá conceder unha única axuda polo dito contrato.

Contía das axudas

Liña A, axuda ao alugamento de vivenda: será do 40 % da renda mensual que se deba satisfacer polo alugamento. As persoas beneficiarias que na data de presentación da solicitude teñan máis de 65 anos, esta axuda será do 50 % da renda mensual que se satisfaga polo alugamento.

Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente, será do 50 % da renda mensual que se deba satisfacer polo alugamento.

Tanto na liña A como na liña B, a contía da axuda determinarase en función da renda establecida no contrato, sen que en ningún caso poida ser aumentada, aínda que a citada renda se incremente ao longo da duración do contrato.

Renda das vivendas

A renda mensual da vivenda obxecto do contrato de alugamento non poderá superar os seguintes importes, dependendo do concello en que estea situada:

Zona territorial
Concellos
Prezo máximo superior. 500 €
A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense e Pontevedra
Zona 1. 400 €
Ames, Ares, Arteixo, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Cee, Cedeira, Culleredo, Fene, Ferrol, Melide, Mugardos, Narón, Neda, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume, Ribeira, Sada e Teo.
Burela, Cervo, Chantada, Foz, Lugo, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba, e Viveiro.
Allariz, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia.
A Estrada, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, Gondomar, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, O Grove, O Porriño, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Redondela, Sanxenxo, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
Zona 2. 300 €
O resto de concellos de Galicia

Estes límites poderán incrementarse ata un 20 %, no caso de que as persoas inquilinas sexan membros de familias numerosas e estean todos eles empadroados nesa vivenda ou sexan integrantes dunha unidade de convivencia que precise unha vivenda adaptada para algún dos seus membros.

Criterios obxectivos de outorgamento da axuda

A contía dos ingresos da unidade de convivencia convertirase a número de veces o IPREM.

Para os efectos da concesión da axuda, os ingresos da unidade de convivencia deberán ser inferiores ao límite máximo de ingresos da unidade de convivencia (LIUC) previsto no punto seguinte. O citado límite de ingresos virá determinado pola composición da unidade de convivencia.

O LIUC expresarase en número de veces a contía anual do IPREM e non poderá ser superior as tres veces o citado índice, salvo os supostos especificados no artigo 7.1.e); o LIUC determinarase conforme ás seguintes regras establecidas no art. 12.

Duración das axudas

As axudas de ambas as dúas liñas concederanse por un prazo máximo de 3 anos e, en todo caso, ata o 31 de decembro de 2021, prazo de remate da vixencia do Plan 2018-2021. Para as anualidades do segundo e terceiro ano deberá solicitarse a renovación anual no prazo que se sinale na resolución de concesión da axuda inicial ou, de ser o caso, da primeira renovación. Para estes efectos, deberase achegar documentación especificada no artigo 18.

O recoñecemento do dereito da axuda poderá ter carácter retroactivo

Documentación

1. Coa solicitude deberase achegar a seguinte documentación:

  1. De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa solicitante. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados
  2. Contrato de alugamento da vivenda, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos.
  3. Anexo II, de declaración responsable das persoas integrantes da unidade de convivencia da persoa solicitante e autorización para solicitar por vía telemática as acreditacións relativas a identidade, residencia, datos catastrais e de titularidade de bens inmobles, ingresos, débedas e discapacidade. 
  4. Xustificante de empadroamento conxunto de todas as persoas integrantes da unidade de convivencia. Estes xustificantes deberán estar expedidos dentro dos seis meses, anteriores á data da presentación da solicitude.
  5. Documentación xustificativa dos ingresos percibidos pola unidade de convivencia, no caso de non presentar declaración do IRPF ou percibir algunha das rendas exentas previstas no artigo 7 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, acompañada da seguinte documentación: certificado de retribucións e retencións da empresa ou empresas nas cales estivese de alta no devandito exercicio, certificado de pensións ou prestacións periódicas, emitido polo correspondente organismo oficial, no caso de non ser outorgadas polo INSS, certificados bancarios de rendementos do capital mobiliario, certificado da contía percibida pola Risga.
  6. No caso de ingresos obtidos no estranxeiro, copia da declaración similar á do IRPF, autenticada pola correspondente delegación consular e, de ser o caso, o certificado acreditativo de equivalencia en euros do importe declarado.
  7. De ser o caso, convenio regulador de nulidade, separación ou divorcio, ou sentenza que acredite que a persoa solicitante non ten o uso da vivenda familiar, así como a documentación acreditativa de estar ao día no pagamento das pensións alimenticias e compensatorias, se for o caso, no caso das persoas separadas ou divorciadas.
  8. No caso de familias numerosas, título de familia numerosa, no suposto de non ter sido expedido pola Xunta de Galicia.
  9. Certificado de discapacidade da persoa solicitante e/ou das persoas que integran a súa unidade de convivencia, no suposto de tratarse dun documento non expedido pola Xunta de Galicia.

As solicitudes que no momento da súa presentación non vaian acompañadas dos documentos sinalados nas letras b), c) e d)  quedarán automaticamente inadmitidas.

Aquelas persoas que na solicitude indiquen que pertencen a algún dos colectivos preferentes especificados no artigo 12.5, deberán achegar a documentación xustificativa da circunstancia que lle é de aplicación, soamente cando lle sexa requirida pola Administración no caso de empate na puntuación que resulta da fórmula prevista no artigo 12 destas bases reguladoras.

Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente.

Prazo de presentación

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG, ata o 11 de outubro de 2019.

Lugar de presentación:

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico Páxina web das familias galegas Quérote
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X