Concello de Vimianzo
18 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

01-02-2012

A concellería de Medio Rural organiza unhas xornadas técnicas agro-gandeiras

Unha das principais bases económicas do concello de Vimianzo é o agro e a gandería, por iso a concellería de Medio Rural se preocupa en dar a mellor formación e información ao sector agro-gandeiro. Empeza con un programa de catro xornadas técnicas de dúas horas de duración que se levará a cabo un día á semana. A primeira xornada será o xoves día 9 de febreiro e o técnico da cooperativa agraria provincial , Xesús Otero Antelo, flará sobre a xestión económica e os custes de produción das explotacións agro-gandeiras. A seguinte sesión, o 16 de febreiro, Xavier López Vila, veterinario de Seragro, falará sobre a alimentación do gando. O 23 de febreiro o tema a tratar será a reprodución animal da man de Albino Iglesias Varela, veterinario de Agrosoneira. O último día será o luns 5 de marzo e Xabier Bermúdez Salgueiro falará sobre a memaite e a calidade do leite no gando vacún. 
As xornadas son gratuitas e non é necesaria inscrición previa, abonda con achegarse no día indicado, de 11.30 a 13.30 da mañá, á Casa da Cultura.

Descargas

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X