Concello de Vimianzo
25 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

03-09-2018

Inaugurado un novo tramo do paseo fluvial de Vimianzo

Na tarde do venres inaugurouse o tramo do Paseo Fluvial de Vimianzo que vai dende a Braña do Cura até a Ponterroda.
Unha gran cantidade de veciñas e veciños acompañou aos membros do Goberno no acto de inauguración.
O tramo inaugurado onte, de perto de 600 m, súmase ao xa existente, conformando un paseo cunha lonxitude total que sobrepasa amplamento o quilómetro.
No acto de inauguración o alcalde, Manuel Antelo, falou do proxecto de ampliar o paseo cara o outro lado, dende o centro da vila até a Avenida de Fisterra e de desdoblalo polas dúas marxes do río.
Para Antelo o Paseo fluvial de Vimianzo era unha dos obxectivos máis importantes cando accedeu á Alcaldía. 
Para o Tenente de Alcalde e Concelleiro de obras, Fernando Mancebo, esta obra é unha mostra de como, dende o Concello, se pretende transformar a vila de Vimianzo, humanizándoa e dotándoa de espazos nos que a cidadanía poida atoparse, pasear e desenvolver diversas actividades.
O alcalde tamén anunciou un proxecto, que dará a coñecer proximamente, que transformará a contorna do Castelo e integrará o monumento na vida cotiá da vila.
Poden acceder a fotografías do acto de inauguración na seguinte ligazón:
https://www.facebook.com/pg/concellovimianzo/photos/?tab=album&album_id=1926871844018626

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X