Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Parque Empresarial de Vimianzo

AVISO: Publicado o 06/08/14 unha bonificación no prezo nas parcelas do Polígono de Vimianzo!!

A Sociedade Suelo Empresarial do Atlántico (SEA, S.L.) desenvolveu na provincia da Coruña, na comarca da Terra de Soneira, no concello de Vimianzo, o Parque Empresarial de Vimianzo. Un parque que permitirá a implantación de diversas empresas e o desenvolvemento da súa contorna.

O Parque Empresarial de Vimianzo é unha iniciativa de actuación conxunta do Goberno Central e a Xunta de Galicia, que implementa un plan de desenvolvemento empresarial encamiñado a acondicionar un parque empresarial na devandita zona como polo de atracción de novos investimentos xeradores de emprego, así como potenciar a rede empresarial existente.

Situado na provincia da Coruña, forma parte da comarca da Terra de Soneira e da denominada Costa da Morte. Posúe unha armazón industrial de certa relevancia no que destacan empresas dedicadas á carpintaría do aluminio e o pvc, así como ao procesado do coiro e o sector dos chans puídos de formigón que xa conta con numerosas empresas con base en Vimianzo.

O Parque Empresarial de Vimianzo está desenvolvido sobre unha superficie bruta de 335.000 metros cadrados dos cales aproximadamente se destinarán uns 169.000 metros cadrados a parcelas de distinto uso para dar cabida a todo tipo de actividades empresariais. Este parque permitirá facilitar chan industrial ás empresas xa establecidas da contorna e fomentar a implantación de novas industrias para dinamizar o concello con modernos servizos. Así mesmo, dotouse o parque de substanciais nós de ligazón coa súa contorna.

Características:

* Superficie Bruta: 335.095 m2.
* Superficie Neta: 169.236 m2.
* Edificabilidade Industrial: 65.590 m2.
* Edificabilidade Terciario/Mixto: 124.200 m2.
* Edificabilidade Total: 189.790 m2.

Accesibilidade

O acceso ao parque realízase a través da AC552 A Coruña Fisterra. No seu interior o parque dispón de catro amplas zonas de aparcadoiro de vehículos, con prazas para minusválidos e unha zona especial para aparcadoiro de camións.

Infraestruturas

Transporte terrestre
Conta cunha ampla rede viaria que comunica mediante a estrada C552, a 70 km, Vimianzo coa Coruña e polo C542, aproximadamente a 65 km, con Santiago de Compostela. A fachada atlántica está percorrida pola Autoestrada do Atlántico (AP9) que vai desde o extremo norte de Galicia (Vigo, Pontevedra, Santiago e A Coruña) até enlazar co norte de Portugal. Contará cun acceso de carácter local, a estrada AC432 a Camariñas, e nun futuro coa Vía de Alta Capacidade Carballo Fisterra.

Infraestruturas ferroviarias

A rede de trens rexionais dá servizo de transporte de viaxeiros e mercadorías entre diferentes puntos de Galicia e o resto de España. A proximidade a Portugal a través de Euroregión permite empregar as infraestruturas portuguesas de forma complementaria.

Infraestruturas portuarias

Vimianzo, próximo ao porto da Coruña (70 km), ten un enclave importante dentro do transporte marítimo internacional entre Europa, América e Asia. Aínda que algo máis afastados, a 120 km, conta tamén co de Ferrol; e co de Vigo a 150 km. Portos todos eles claves para o tráfico marítimo.

Infraestruturas aeroportuarias
Conta coa proximidade dos aeroportos internacionais da Lavacolla en Santiago de Compostela e Alvedro na Coruña a 75 km de distancia.

Dotacións

O parque conta cos máis modernos servizos requiridos polas empresas mediante:
Abastecemento
O parque empresarial conta con estación de bombeo, estación de tratamento de augas potables (ETAP) e depósito regulador de 500 m3. Existen bocas de rega separadas un máximo de 100 m, así como unha rede de hidrantes contraincendios en arquetas separados un máximo de 200 m.

 Saneamento
Rede separativa de evacuación de augas, con pre-tratamento a través dun desbaste, desareado e desengrasado previo á vertedura.

Rede de enerxía eléctrica
Nova liña desde a subestación de Vimianzo, a 4 km ao sur. Todas as parcelas con posibilidade de subministración de B.T e M.T.

Telecomunicacións
Capacidade para a subministración de todos os servizos dispoñibles polos operadores.

Fonte: www.seasuelo.com

Ligazóns

Descargas

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X