O concello de Vimianzo vai levar a cabo a execución do seguinte proxecto:
- Proxecto de “Instalación xeradora fotovoltaica de 13,20 kWp no edificio municipal do concello de Vimianzo”, que ascende a un importe total de 17.410,20 euros, IVE incluído.
Preténdese levar a cabo unha instalación fotovoltaica de autoconsumo para reducir o consumo eléctrico na casa do concello. A instalación proxectada está formada por 24 módulos fotovoltaicos de 550 Wp cada un, resultando unha potencia pico total instalada de 13,20 kWp e un inversor de 12 kW.
Para o cofinanciamento desta actuación obtívose unha axuda ao abeiro da subvención para proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2024, suceptibles de cofinanciamento pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento IN421S), DOG núm.56, do 19/03/2024, en concreto:
- Investimento validado sen IVE: 13.540,00 €
- Investimento elixible: 16.383,40 €
- Intensidade da axuda: 60,00 %
- Importe da axuda concedida(FEDER): 9.830,04 €