O concello de Vimianzo pretende levar a cabo a execución dos seguintes proxectos:
- Proxecto de “Mellora viario acceso Castromil e outro”, que ascende a un importe total de 95.747,30 euros, IVE incluído.
As obras consistirán na mellora do viario no acceso Castromil, nunha lonxitude de 830 m., ancho 5,00 m., 8 abanos de 50 m2 cada un e un sobreancho de 40x2 m; procederase á limpeza de gabias en ambas marxes e a mellora da capa de rodaxe con 6 cm de aglomerado en quente a toda a plataforma, previa reparación de baches e perfilado de mordentes ao 10 % da superficie con pedra 32/63 mm e tratamento asfáltico semiprofundo. Realizarase a sinalización horizontal co pintado de liñas de bordo e símbolos e colocaranse sete sinais de Stop.
Tamén se actuará mellorando o viario en Oróns, unha lonxitude de 375 m. dividido en tres treitos de 110x4,5 m, 120x3,5 m, e 145 x3,5 m e un abano de 45 m2. Nos treitos de 110x3,5 e 120x3,5 m procederase á limpeza de gabias ambas marxes e a mellora da capa de rodaxe con 5 cm de aglomerado en quente, previo fresado do pavimento existente.
No treito de 145x3,5 m e no abano de 45 m2 procederase á limpeza de gabias ambas marxes e a mellroa da capa de rodaxe. Aplicarase un tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma, previa reparación de baches e perfilado de mordentes ao 20 % da superficie con pedra 32/63 mm e tratamento asfáltico semiprofundo.
Para o cofinanciamento desta actuación obtívose unha axuda ao abeiro da Orde do 19 de decembro de 2023 pola que se regula o Plan de rehabilitación de camiños de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025 cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020 (DOG núm.18,do 25 de xaneiro de 2024), código de procedemento MR701E, en concreto: