Concello de Vimianzo
4 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Subvencións a concellos e mancomunidades destinadas a actuacións en materia de accesibilidade de competencia municipal.

O concello de Vimianzo pretende levar a cabo a execución do proxecto de Reforma de servizos hixiénicos accesibles na planta baixa do Concello de Vimianzo.
En concreto, preténdense executar aseos accesibles na planta baixa do Concello, con itinerario accesible dende o exterior. Ademais realízanse nesta zona dous baños para o persoal do Concello con duchas para os traballadores que o requiran.

O ámbito de intervención céntrase nunha das esquinas en planta baixa do Concello.

Realizaranse dous aseos independentes por sexo, ambos con un aseo accesible no seu interior que contará con inodoro e lavabo, e ademáis outra cabina para o caso das mulleres e dous urinarios para os homes así como un labavo por aseo.

Por outra banda se contempla a realización de dous baños completos para o persoal, sendo un deles totalmente accesible.

Para levar a cabo esta obra e ampliar o espazo actual da planta baixa, elimínase unha escaleira de servizo, que une actualmente a planta semisoto (onde está a sala de instalacións) con acceso dende o exterior, coa planta alta do Concello Para o cofinanciamento desta actuación obtívose unha axuda ao abeiro da Orde do 6 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas aos concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de accesibilidade de competencia municipal, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o mecanismo de recuperación e resiliencia, para o ano 2023 (código de procedemento BS701B), en concreto:

Custo do Proxecto: 67.265,40 €
Subvención concedida: 48.400,00 €

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X