Concello de Vimianzo
25 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Programa integrado de emprego dirixido exclusivamente a mulleres de Camariñas, Muxía e Vimianzo 2017

A  direción xeral de Orientación e Promoción Laboral (Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia) ven de comunicar a concesión dunha subvención por importe de 191.951,00 euros para levar a cabo o Programa integrado de emprego dirixido exclusivamente a mulleres de Camariñas, Muxía e Vimianzo 2017.  Este programa vaise desenvolver ata o 30 de novembro de 2018.  

Usuarias

As mulleres desempregadas usuarias deste programa serán seleccionadas de entre as que remita a Oficina de Emprego de Cee para tal efecto, sendo os colectivos destinatarios os seguintes:
  • 5 mulleres con discapacidade
  • 25 mulleres menores de 30 anos con baixa cualificación
  • 15 mulleres menores de 30 anos 
  • 20 mulleres maiores de 45 anos
  • 20 mulleres perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou RAI
O obxectivo de inserción é do 35% das usuarias. 30 mulleres deberán atopar emprego durante o prazo de 12 meses contados desde o inicio do programa, sexan contratadas por conta allea por una duración non inferior a tres meses ou inicien una actividade por conta propia ou formando parte como socias traballadoras ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral, durante o programa ou nos tres meses seguintes á súa finalización.

Actividades, ocupacións e perfís laborais prioritarios para o proxecto

As accións do proxecto enfocaranse a sectores que demandan recursos humanos na zona e a nichos de emprego emerxentes:
  • Servizos a persoas. Ocupacións relacionadas coa vida diraria , coa dependencia e coa conciliación da vida laboral e familiar.
  • Industria. Ocupacións relacionadas coa industria alimentaria e a outroas.
  • Servizos. Ocupacións relacionadas co comercio.
  • Pesca e agrogandeiría. Ocupacións vinculadas á diversificación e a suma de valor do sector primario e a cobertura de necesidades das explotacións.
  • Hostalería. Ocupacións relacionadas co turismo e a hostalería.
  • Vivenda. Ocupacións relacionadas co marco da vida diaria das pesoas: limpezas nos fogares, mantementos de xardíns, etc.

Accións do programa

As usuarias serán beneficiarias de diferentes accións encamiñadas á súa inserción laboral. A continuación relaciónanse:
  • Información, orientación e asesoramento
  • Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas
  • Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego
  • Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
  • Fomento da capacidade emprendedora.
  • Prospección empresarial
  • Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
  • Formación para o emprego (mínimo 300 horas)
  • Prácticas profesionais non laborais en empresas
  • Talleres de mobilidade laboral

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X