Concello de Vimianzo
7 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Evaristo Martelo Paumán del Nero

Marqués

Evaristo Martelo Paumán del Nero

Fidalgo nacido na Coruña en 1853, marqués de Almeiras e vizconde de Andeiro, descendente dos Moscoso pola liñaxe de súa avoa (dona Josefa Núñez de Moscoso), que herdou en 1877 o Castelo de Vimianzo, coñecido xa na vila como Torres de Martelo.

Martelo Paumán mandou restaurar o Castelo para convertelo na súa residencia de verán, desde onde asinou moitas das súas composicións poéticas.

Poeta épico en lingua galega, carlista, foi membro da Cova Céltiva das famosas tertulias da libraría coruñesa de Uxío Carré Aldao e membro da Real Academia Galega. Martelo Paumán publicou catro poemarios: Os afillados do demo (1885), Líricas gallegas (1894), Landras y Bayas (1919) e Andeiro (1921), ademais da publicación de composicións en numerosas revistas e xornais. Moitas destas composicións están asinadas desde o Castelo de Vimianzo, que incluso dá nome a un poema do poemario Landras y bayas “As Torres de Vimianzo (Recordos e soedades)”, onde Evaristo Martelo pasaba longas tempadas alternándoas co Pazo de Andeiro de Rianxo, tamén da súa propiedade. Cóntase que foi Martelo Paumán quen convenceu a Castelao de que “falar galego non era falar mal, senón falar distinto”.

O marqués de Almeiras morreu na Coruña en 1928. As Torres de Martelo deixoullas en herdanza á súa filla dona Dolores Martelo de la Maza e actualmente son propiedade da Deputación da Coruña.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X