Concello de Vimianzo
18 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Cambeda

  • Cambeda
  • Cambeda

  • Superficie: 16,89 km2
  • Habitantes
  • Lugares: Cambeda, Castiñeira, Caxadas, Cubes, Ogas, Paizás, Piñeiros, Rasamonde, Sanfíns.
A parroquia de Cambeda está situada no val de Vimianzo. Limita polo norte e nordeste coa parroquia de Vimianzo, polo leste coa parroquia de Serramo, polo sur con Baíñas e polo oeste con Castrelo e Berdoias.

A parroquia de Cambeda dedícase basicamente ao sector primario exceptuando o lugar de Ogas que supón a continuación do núcleo urbano de Vimianzo, polo que ten máis presenza a industria e o sector servizos.

A pegada megalítica atopámola neste lugar de Ogas, á beira da estrada xeral, onde se asenta o Castro das Barreiras, exemplo de asentamento castrexo situado nunha chaira.

No lugar de Ogas hai dúas casas fidalgas, a Casa de Ogas de Abaixo (Casa do Seixo) e a Casa de Ogas de Arriba. No lugar de Paizás atopamos a Casa de Paizás ou Casa do Fiador, que mostra na fachada un escudo con oito ou nove brasóns; e preto do lugar de Castiñeira atopamos a Casa de Basilio.

A igrexa parroquial de Cambeda atópase no lugar que lle dá nome á parroquia. No lugar de Paizás temos a capela na honra de Santa Mariña e en San Fins dedicada ao santo do mesmo nome. Detrás desta capela atopamos un carballo centenario ao que se lle atribúen poderes curativos. O ritual faise o día da festa e consiste en dar 9 voltas darredor do carballo arrincando unha folla de cada vez.

Festas: Virxe da Fátima (maio e setembro), San Xoán (24 de xullo), Santa Mariña en Paizás (18 de xullo), Sanfíns (1 e 2 de agosto).

Os datos deste apartado foron sacados de: A Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte (varios autores, Xosé Mª Lema, coord.), Os mellores pazos da Costa da Morte (Xosé Mª Lema), A arte relixiosa da Terra de Soneira (Xosé Mª Lema) e do Instituto Nacional de Estatística (datos de poboación de 2012).

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X