Xornada ERN4mob Excursión ERN4mob Proxecto ERN4mob

Socios

Concello de Vimianzo (Líder do proxecto) – ESPAÑA

Como autoridade pública local, o Concello de Vimianzo atende as necesidades e demandas dos seus cidadáns e cidadás cuns criterios de calidade e servizo público para que todos eles se poidan beneficiar, buscando así a igualdade e universalidade na prestación deses servizos que se realizan a través das súas 4 Concellerías: Promoción económica, cultura, normalización lingüística e ensino; Facenda, obras, urbanismo e persoal; Benestar social e igualdade, e Acción rural e medio ambiente.

O Concello pretende ofrecer o maior número de recursos co fin de solucionar as preocupacións e responder ás necesidades dos seus cidadáns e cidadás, intentando involucralos de forma activa nas iniciativas promovidas pola entidade en ámbitos como o emprego, asuntos sociais, etc.

Situado en Galicia, ten un área de 187,27 km² e unha poboación de 7.849.

Urzad Miasta Kostrzyn nad Odra – POLONIA

O concello de Kostrzyn nad Odrą é unha entidade cuxo obxectivo é facer realidade as regulacións municipais e as tarefas que lle veñen determinadas pola lexislación estatal; así, o municipio, que ten que afrontar as problemáticas relacinadas co medio rural, é responsable da resolución de diversos problemas sociais, de estimular o desenvolvemento e de promover a educación de persoas adultas, ademais de axudar as comunidades locais a obter unha maior cohesión social e económica.

Un dos seus departamentos clave é a Oficina de Integración Europea e Cooperación Internacional. Localizado en no voivodato de Lubusz, no distrito de Gorzów, o municipio de Kostrzyn nad Odrą ten 19 952 habitantes e unha superficie de 47,14 km².

Comunidade Intermunicipal do Alto Alentejo – PORTUGAL

A Comunidade Intermunicipal do Alto Alentejo (CIMAA) é a asociación de 15 municipios rurais da rexión do Alto Alentejo (Alter do Chão, Arronches, Avis, Campo Maior, Castelo de Vide, Crato, Elvas, Fronteira, Gavião, Marvão, Monforte, Nisa, Ponte de Sor, Portalegre e Sousel). É unha entidade pública con 17 empregados de diferentes áreas: planificación, desenvolvemento rexional, turismo, política ambiental, deportes, formación e educación e economía social. A CIMAA ten unha ampla experiencia en proxectos de cooperación internacional en gran variedade de áreas, como inclusión social, envellecemento activo, economía social ou enerxía.

A rexión do Alto Alentejo é unha das máis ameazadas a nivel nacional en termos demográficos e económicos, ata o punto de que foi posta en cuestión a súa sustentabilidade social, dada a baixa densidade e a gran perda de poboación. A comunidade intermunicipal, que cobre dos 15 concellos rurais da rexión, ten a sede en Portalegre. Abrangue unha poboación de 118 410 habitantes e unha superficie de 6.249 km².

Newry, Mourne and Down District Council – REINO UNIDO

Newry, Mourne and Down District Council é unha das 11 novas organizacións supramunicipais de Irlanda do Norte. Foi creada o 1 de abril de 2015, a partir das áreas dos «district councils» de Newry & Mourne e de Down. A súa función é ser a autoridade municipal, proporcionar servizos locais e tratar de asegurar unha maior prosperidade e calidade de vida para os seus residentes. O District Council proporciona servizos públicos esenciais como planificación comunitaria, saúde ambiental ou desenvolvemento económico. Cunha importante experiencia no campo da integración de inmigrantes, dentro desa área tamén é responsable de promover a igualdade, as boas relacións e a loita contra a discriminación.

Administra unha área que está a crecer rapidamente no ámbito económico e no demográfico. Conta con poboacións relativamente grandes de traballadores inmigrantes da UE (especialmente polacos e lituanos) e traballadores inmigrantes con permiso de traballo. Os inmigrantes están a encher ocos importantes da mercado laboral, proporcionando traballadores cualificados no servizo de saúde e nas áreas de enxeñaría, así como operarios non cualificados. Cunha poboación de arredor de 171 500 habitantes e uns 160 km de costa, é a terceira maior área municipal en Irlanda do Norte, e abrangue desde Crossmaglen en South Armagh ata Saintfield en South Down.

Comune di Petrosino – ITALIA

O concello de Petrosino é unha administración local que representa e defende os intereses dos seus residentes, proporcionándolles servizos locais e traballando en colaboración con organizacións civís locais sen ánimo de lucro para asegurar o benestar dos seus cidadáns. As súas iniciativas involucran inmigrantes e cidadáns necesitados, e buscan apoiar a inclusión social, a integración e a igualdade de oportunidades. A comunidade inmigrante está conformada por 23 nacionalidades e está ben integrada no contexto social.

A Comune é un apoio imprescindible para un turismo sustentable e alternativo. Representa unha área capaz de reconciliar as necesidades da xente nova coas tradicións rurais e marítimas. Principalmente dedicado á agricultura, é o municipio de maior produción de viño en toda Italia e contribúe de forma significativa á produción de viños de calidade grazas á relación entre os viñedos e o mar. Localizado na punta occidental de Sicilia, entre Marsala e Mazara del Vallo, Petrosino ten unha poboación total de arredor de 7760 habitantes.

Obec Zemplínske Hámre – ESLOVAQUIA

O concello de Zemplínske Hámre está representado por unha vila situada nunha área rural do leste de Eslovaquia. A vila foi fundada no século XIX grazas á minaría na base das montañas Vihorlat e actualmente é ben coñecida principalmente pola súa localización e as súas potencialidades turísticas. A vila é a porta de entrada á área de paisaxe protexida das montañas Vihorlat, que foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco e que é visitada frecuentemente debido aos impresionantes monumentos volcánicos naturais, á fauna e á flora.

Zemplínske Hámre é membro da asociación público-privada LAG (Local action group) «Pod Vihorlatom», que representa a 32 municipios dos distritos de Snina e Humenné, cunha poboación total de 44 898 habitantes, nunha área de 406,51 km². Outros membros son empresas privadas e ONG da rexións, interesadas no desenvolvemento rexional. O alcalde de Zemplínske Hámre é actualmente o presidente da LAG e pretende involucrar no proxecto a todos os muncipios socios. Cunha poboación de 1271 habitantes, Zemplínske Hámre é o cuarto maior municipio do distrito de Snina.

Concello de Vimianzo
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X