Xornada ERN4mob Excursión ERN4mob Proxecto ERN4mob

7º Encontro Internacional en Vimianzo, España: Congreso Internacional “Emigración e inmigración por razóns laborais no rural da Unión Europea”

Participación: no encontro asistiron 31 participantes internacionais en representación das entidades socias do proxecto de Portugal, Italia, Polonia, Irlanda do Norte e Eslovaquia, así como 138 invitados locais, de España. En total, atenderon o evento 169 asistentes.

Lugar / Datas: o encontro foi organizado polo Concello de Vimianzo (Galicia, España), o coordinador do proxecto, e tivo lugar do 2 ao 7 de outubro de 2017.

Descrición sucinta: as diferentes actividades do congreso (conferencias, paneis expositivos, mesas redondas, presentación de comunicacións, exposicións, etc.) tiveron como obxectivo reflexionar sobre a realidade actual en diferentes comunidades rurais europeas e sobre as causas que producen os distintos niveis de desenvolvemento e de oportunidades, e xeran os desprazamentos humanos; tamén se tentou dar respostas prácticas a cuestións relacionadas coa mobilidade europea, en territorios rurais por exemplo, Vimianzo, caracterizados pola emigración (principalmente por razóns laborais e económicas), e presentar os resultados do proxecto ERN4 mob así como as súas perspectivas de futuro.

O congreso contou coa presenza de representantes de institucións e organizacións da sociedade civil con competencias en materia de migración e Unión Europea, e representantes dos 5 municipios rurais da Unión, así como persoas involucradas nun proceso de mobilidade, que falaron das súas propias experiencias. O encontro ofreceu a oportunidade de interactuar e intercambiar opinións, creando vínculos que fortalecen a rede rural europea para a mobilidade creada no marco do proxecto.

Así mesmo, houbo un espazo de presentación das comunicacións achega do tema «Emigración – Inmigración – Refuxio», e unha exposición sobre o proxecto ERN4 mob.

Para a organización do evento, o Concello de Vimianzo contou coa colaboración da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña, en calidade de Comité Científico do congreso, que participou activamente nalgunhas das conferencias previstas así como na coordinación das comunicacións e o desenvolvemento das conclusións finais.

Por último, cabe sinalar que, o congreso dirixiuse ao público en xeral, e especialmente aos cidadáns involucrados nalgún proceso de mobilidade na Unión Europea (por motivos de traballo ou por xubilación, emigrantes na UE ou emigrantes retornados), familiares e amigos desas persoas e xente nova desempregada; así mesmo, a todos os axentes sociais que traballan no ámbito da migración, a inclusión social e o emprego.

Concello de Vimianzo
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X