Alza Voz de Muller: I Foro de Liderado Feminino no Rural da Costa da Morte
Do 06-06-2025
ao 07-06-2025
Os días 6 e 7 de xuño temos unha cita imprescindible en Vimianzo: Alza Voz de Muller. I Foro de Liderado Feminino no Rural da Costa da Morte. Un encontro único de mulleres profesionais e emprendedoras onde falar de liderado, abundancia, conciliación, emprendemento e poder feminino desde o rural. Onde construír xuntas novas formas de facer. Onde cada voz conta. Onde poderás co-crear a experiencia transformadora. Unha fin de semana de aprendizaxe onde inspirarte, crear redes e poñer no centro o liderado das mulleres.
Relatorios con mulleres referentes como Obdulia Taboadela, María Fornet, Yolanda Domínguez...
Mesas de debate e reflexión colectiva
Networking consciente e feira de emprendemento feminino
Afterwork, dinámicas, actuacións…
O aforo é limitado e as entradas anticipadas xa están dispoñibles (39,90 € con todas as actividades, cóctel do venres e comida do sábado incluídas).